Saltear al contenido principal

A COMPETICIÓN

A COMPETICIÓN

Formato 3×3.  Dúas Series Previas e unha Serie Final.

Competición aberta a persoas nadas en 2005 e anos anteriores.

Categoría Única. Competición Mixta. 

Balón oficial Molten B33T5000

Series Previas: A Coruña e Ourense.

24 equipos participantes por cada SERIE PREVIA. Inscricións independentes para cada Serie Previa.

Serie Final: participarán os 16 mellores equipos clasificados tras ranking por puntos conxunto de ambas as series previas.

EQUIPOS

Os equipos estarán formados por un mínimo de 4 persoas e un máximo de 6 persoas.

Unha persoa non poderá estar inscrita en máis dun equipo e non poderá cambiar de equipo unha vez iniciada a competición,

Se un equipo participa na primeira das series sen cubrir o máximo de seis xogadores e decide inscribirse tamén na segunda serie previa poderá ampliar ata seis persoas o seu equipo para esa segunda serie.

Todos os participantes recibirán como agasallo unha camiseta oficial «3×3 FGB» que deberá empregarse como camiseta de xogo durante a Competición.

O nome dos Equipos será autorizado pola FGB e non deberá crear controversia. Deberá respectar as normas de boa educación.

CALENDARIOS

Cada Serie do 3×3 FGB terá o seu propio sorteo de calendario, realizándose nas seguintes datas:

Serie A Coruña – 31/05/22

Serie Ourense – 07/06/22

Serie Final – 20/06/22

SERIES PREVIAS

Máximo 24 equipos

6 grupos de 4. A composición dos grupos realizarase por sorteo.

Cruces clasificatorias e eliminatorias: oitavos, cuartos de final, semifinal e Final.

O Regulamento Xeral e Diciplinario da FGB rexerá o desenvolvemento da Competición.

SERIE FINAL

Máximo 16 equipos resultantes tras Ranking de puntos oficial xerado tras as clasificacións das dúas Series Previas.

Obteranse as puntuacións para este Ranking segundo a clasificación resultante en cada SERIE FGB seguindo o cadro seguinte:

CLASIFICACIÓN PUNTOS EQUIPO
1º serie 30
2º serie 25
3º e  4º serie 20
do 5º ao 8º serie 15
do 9º ao 16ª serie 10
do 17º ao 24º serie 5

En caso de empate no ranking clasificaranse para a final:

  • O equipo que disputara as dúas series previas.
  • O equipo que acade o mellor resultado nunha das series.
  • O equipo que teña o mellor basket average xeral.

4 grupos de 4. A composición dos grupos realizarase por sorteo e en formato Serpe. Os 4 primeiros clasificados do ranking serán cabezas de serie. 

Cruces clasificatorias e eliminatorias: cuartos de final, semifinal e Final.

O Regulamento Xeral e Diciplinario da FGB rexerá o desenvolvemento da Competición.

CONCURSO DE TIRO

Máximo 24 participantes.

16 participantes – 1 por cada equipos participate na Fase Final

8 participantes máis mediante inscrición previa e que teñan participado cos seus equipos nas Series Previas.

Volver arriba