Saltear al contenido principal

O Torneo Xacobeo 21·22 3×3 FGB amplia o seu prazo de inscrición

Esta cita co Baloncesto 3×3, que se celebrará en Marín o vindeiro día 26 de decembro co patrocinio e apoio do Xacobeo 21·22 e a Xunta de Galicia, e coa colaboración do Concello de Marín e do CB Peixe Fresco estende ata o día 21 de decembro a posibilidade de inscribirse.

Aberto a todas aquelas persoas maiores de 16 anos que desexen desfrutar do 3×3 para despedir o ano 2021, o Torneo contará cun máximo de 24 equipos que poderán ser femininos, mixtos ou masculinos, competindo todos en conxunto e buscando importantes premios en metálico.

Os equipos deberán estar formados por un mínimo de 4 e un máximo de 6 persoas, e afrontarán un formato de xogo disposto en eliminatorias previas e posteriores roldas de oitavos, cuartos de final, semifinais e final.

Un membro de cada equipo terá tamén a posibilidade de participar nun Concurso de Tiro, que se realizará de xeito paralelo á propia competición 3×3, e que completará unha xornada de puro baloncesto.

Inscrición

A participación no Xacobeo 21·22  “3×3” FGB ten un custe de 60 euros por equipo, incluíndo nesta cantidade unha licencia oficial con Seguro Deportivo asociado para os membros de cada equipo, así como o agasallo dunha camiseta de xogo oficial do evento, coa que deberán disputarse os partidos.

A solicitude de inscrición debe realizarse a través da web oficial do torneo: www.3x3fgb.gal

Así mesmo, para o envío de consultas relativas a este proceso permanece activo o email inscricion@3x3fgb.gal

Volver arriba