Saltear al contenido principal

O Baloncesto 3X3 toma protagonismo en Marín

Todo preparado para o Torneo Xacobeo 21·22 3×3 FGB, que se celebrará este domingo, 26 de decembro; en Marín co patrocinio e apoio do Xacobeo 21·22 e a Xunta de Galicia, e coa colaboración do Concello de Marín do CB Peixe Fresco 

O Pavillón de A Raña abrirá as súas portas ás 10.00 h do domingo para acoller unha xornada completo de Baloncesto en formato 3×3, disputándose na mesma un total de 25 partidos correspondentes ao Torneo, e un Concurso de Tiro no que participará un representante de cada un dos 12 equipos que estarán en Marín.

Con presenza de combinados femininos, masculino e mixtos, que competirán todos en conxunto, o Torneo Xacobeo 21·22 3×3 FGB porá en xogo importantes premios en metálico para os finalistas: 1000 euros para o campión e 500 € para o subcampión. Os semifinalistas tamén terá a súa recompensa por valor de 200 €.

Protocolo COVID e Público

A Federación Galega de Baloncesto, en prol de levar a cabo o torneo do xeito máis seguro posible a nivel sanitario, realizará un test rápido previo a todos os participantes antes do inicio da xornada de competición. Este proceso levarase a cabo coa indispensable colaboración do Concello e Club locais.

Así mesmo a competición levarase a cabo cumprindo estritamente o Protocolo Fisicovid DXTGALEGO da propia Federación Galega de Baloncesto.

Pola súa banda, o acceso de público ao Pavillón da Raña para desfrutar do Torneo estará aberto co requisito do seu rexistro previo na plataforma cluber a través da seguinte ligazón: ACCESO. Esta acción de rexistrarse xa se pode levar a cabo. Igualmente, toda a xornada de tarde do Torneo poderá seguirse en directo a través de FEGABA TV.

Volver arriba