Saltear al contenido principal

A Coruña, primeira parada do circuíto “3X3” FGB

A Praza do Parrote acollerá o vindeiro catro de xuño a estrea da nova competición “3×3” da Federación Galega de Baloncesto.

Nesta primeira cita co «3×3 FGB» Poderán participar ata un máximo de 24 equipos con xogadores e xogadoras federados ou non federados nados no ano 2005 e anteriores. 

A inscrición para esta Serie 3×3 FGB a celebrar en A Coruña permanece xa aberta e pode realizarse a través da web: www.3x3fgb.gal 

Regresa o 3×3 da Federación Galega de Baloncesto e faino levando á competición ás rúas galegas. O vindeiro mes de xuño o Circuíto 3×3 da Federación Galega de Baloncesto chegará ás cidades de A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela para facer desfrutar a todos os afeccionados deste formato.

Dúas Series previas clasificatorias e unha Serie Final configuran esta nova aposta polo 3×3 da Federación Galega de Baloncesto, comezando este circuíto na cidade de A Coruña, en colaboración co Concello de A Coruña. Praza do Parrote será a sede da primeira das Series previas deste 3×3 FGB. O próximo catro de xuño o Baloncesto será o protagonista neste emprazamento para o disfrute de todos os afeccionados e afeccionadas da cidade herculina.

A competición

Nesta primeira Serie Previa do 3×3 FGB poderán participar ata un máximo de 24 equipos formados por xogadores e xogadoras nados no 2005 e anos anteriores. Os equipos poderán ser mixtos, masculinos ou femininos, cun mínimo de 4 integrantes e un máximo de seis. A competición será de carácter único, todos contra todos.

Esta Serie de A Coruña abrirá un circuíto que se completará cunha nova serie previa, a disputar en Ourense o 11 de xuño, e unha gran final.

Os 16 mellores equipos resultantes de ranking oficial por puntos tras a disputa de ambas as Series Previas serán os protagonistas da serie final. Esta terá lugar o 25 de xuño en Santiago de Compostela.

Premios

O 3×3 FGB contará con premios tanto para os mellores equipos de cada serie Previa, así como para o Campión, Subcampión e Semifinalistas da gran final.

Un galardón de 2000 € para o equipo que resulte campión do circuíto abrirá un palmarés que tamén recoñecerá aos mellores cos seguintes premios:

Subcampión Final 3X3 FGB: 1000 €

Semifinalistas Final 3X3 FGB: 300 €

Campións Series Previas A Coruña e Ourense: 500 €

2º Clasificado de cada Serie Previa: 200 €

Semifinalistas de cada Serie Previa: 100 €

Inscrición

A inscrición para a Sede previa de  A Coruña  xa está aberta e estenderase ata o vindeiro 30 de maio. A cota de Inscrición é de 40 € por persoa. Véndose reducida nun 50% (20 €) no caso de aqueles xogadoras ou xogadores que conten con licencia en vigor na FGB.

A información completa relativa á inscrición nesta primeira serie previa de A Coruña, así como a normativa da competición, seguro deportivo e todos os detalles do 3×3 FGB pode consultarse na web oficial do Circuíto: www.3x3fgb.gal 

Volver arriba