BALONCESTO 3X3

Se o mellor
que podes ser

Proxecto de Fomento do Baloncesto 3×3 na Comunidade Galega

PROXECTO

Baloncesto 3x3 nos colexios de Galicia

O Baloncesto 3×3 é unha disciplina dinámica, inclusiva e en crecemento,
exponencial recoñecida mesmo como deporte olímpico.

Proxecto

Este proxecto busca fomentar a práctica do Baloncesto 3x3 nos colexios de Galicia, facendo especial fincapé naqueles pertencentes a zonas de carácter rural.

Valores

Promover valores como o traballo en equipo, a superación persoal e a vida saudable entre os mozos son tamén un importante obxectivo.

Implementación

Propoñemos unha estratexia integral que inclúe deseño gráfico, contorna web, creación de recursos e formación.

Obxectivos do proxecto

1

Promover o baloncesto 3×3 como actividade deportiva nos colexios de Galicia, e en especial, en zonas de ámbito rural.

2

Fomentar a participación
de alumnos, profesores e familias.

3

Crear unha plataforma dixital que sirva como ferramenta de xestión e difusión.

4

Formar a profesores e monitores na metodoloxía do baloncesto 3×3.

5

Xerar un impacto visual con elementos gráficos que reforcen a identidade do proxecto.

BENEFICIOS

O mellor do 3x3 nas escolas

Colexios

Oferta deportiva innovadora que fomenta a actividade física e os valores educativos.

Alumnado

Oportunidade de practicar un deporte dinámico e divertido, con posibilidade de participar en eventos e torneos.

Profesorado

Acceso a recursos e formación especializada.

Comunidade

Promoción do deporte e a vida saudable, con impacto positivo na sociedade galega.

Vídeo de presentación do proxecto